Em matéria do que se chamou "Acordo Ortográfico", sou contra. Absolutamente contra. Nem morto de morte matada ou morrida.



Muller


Somos nós mais a doçura carinhosa da Galiza, com quem somos uma só Nação, num poema sobre a mulher [muller], a fonte eterna do duradouro sentir, mesmo que da precária sensação.


«Tan só muller en pozo de dozura.
Remansado sanguear, o fuxitivo
do tempo, xa os sentidos me dobrega.

Muller pola ansiedade. Desde a cima,
vestida de luceiros. De arociris.
Iconos doces en oscuros túneles.

Luas lascivas. Sede encarcerada.
Cinzas serenas, surtidor de fábulas,
pebeteiros en claves plenilunios.

Cimento da morriña amamantándose
un amarelo sol con luz de enigma,
o "si" e o "non" tremando na ternura.

Lume en rescoldo xa. Muller transida
daquelas maravillas en conxuro,
desfollo os "non me olvides" nas corolas.»

Tudo o mais aqui. Escreveu Pura Vázquez